Monday 06 de May de 2024

I Xornada sobre Explotación e Trata


 

Cruz Vermella Ordes levou a cabo a I Xornada sobre Explotación e Trata. A actividade, que tivo lugar o pasado venres, reuniu a un nutrido público no auditorio do Museo do Traxe. Alí proxectouse o documental Benvidas ao club, de Carmen PG Granxeiro, ademais do relatorio ofrecido por Lola Ferreiro Díaz baixo o título A violencia máis antiga do mundo. A dita xornada estivo dirixida e organizada por Fátima Darriba, técnica da Asemblea Comarcal de Cruz Vermella, especializada en temas relacionados coas mulleres.